CRTVG

Buscar

200 veciños sométense a un cribado masivo no Incio para coñecer o alcance do virus

Publicado o 01/09/2020 14:30

Douscentos veciños do concello lucense do Incio están chamados a pasar este martes pola sala de usos múltiples municipal. Sométense ás probas PCR, no marco dun cribado masivo co que Sanidade pretende coñecer o alcance do virus na zona.

Un cribado solicitado á consellería polo propio rexedor do municipio. Porque a preocupación polo gromo da residencia de maiores, a primeira intervida por unha administración pública en España despois do confinamento, é máxima.

 "Hai preocupación, e tamén medo. Gran parte da poboación do municipio é de idade avanzada e está  moi sensibilizada con este asunto", explica Héctor Corujo, o alcalde do Incio.

89 usuarios e 27 traballadores da residencia están contaxiados. Dende onte non aumentaron os casos activos. Pero o foco do centro de maiores do Incio segue a ser o máis numeroso e tamén o máis letal dos rexistrados en Galicia tras o estado de alarma. Faleceron 7 dos seus residentes.

Noticias web

01/09/2020