CRTVG

Buscar

200 troncos de madeira, que caeron dunha embarcación, flotan á deriva fronta a Costa da Morte

Publicado o 13/01/2021 14:53

Máis de 200 troncos flotan á deriva estes días fronte á Costa da Morte despois de caer ao mar desde o cargueiro que os transportaba. Poden supoñer un perigo para os barcos pequenos que traballen na zona.

Salvamento Marítimo enviou un helicóptero ata o lugar pero, de momento, non foron localizados. Mandouse un aviso a todas as embarcacións que naveguen por esas augas para que o fagan coa maior precaución posible.

Noticias web

13/01/2021