CRTVG

Buscar

200 escolares de Oleiros aceptan o reto de falar galego durante 48 horas

Publicado o 15/05/2019 15:43

Ningún dos 600 alumnos do instituto María Casares de Oleiros fala galego habitualmente. Así que os profesores de lingua propuxéronlles un desafío: 48 horas comunicándose en galego. A resposta do alumnado está a superar todas as expectativas. 

Saben falar o galego, pero case nunca o fan porque ninguén o fala ao seu redor. Por iso Sabela e outros 200 compañeiros do instituto non dubidaron en aceptar o reto de falar galego durante dous días seguidos. Ao principio, din, foi raro, pero axiña se colle práctica.

Formalizaron o reto cun contrato e dous niveis de compromiso: o ProGalego e o ProgalegoPlus, o que tivo máis asinantes, en que o alumnado tamén usa a lingua fóra do instituto, coa familia e nas redes sociais.

Unha iniciativa de normalización lingüística que está a espertar entusiasmo e tamén unha fonda reflexión sobre a relación que teñen os máis novos coa lingua do país.


 

Noticias web

15/05/2019