200 alumnas participan nos obradoiros Elas Fan Cien Tec, no Día Int. da Muller e a Nena na Ciencia
Publicado o 11/02/2019 13:22
Este 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha xornada para a reflexión. Por que as mozas non elixen carreiras científicas? Seica, pode ser sobre todo por un prexuízo deste tipo de profesións. Por iso, trátase, sobre todo, de desmontar esta barreira con xornadas como á que estamos a asistir hoxe en Vigo.
Celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e unhas 200 alumnas participan nos obradoiros Elas fan CienTec, co obxectivo é darlle visibilidade ao traballo das científicas.
As mulleres son minoritarias nas áreas científicas e nas carreiras tecnolóxicas.