CRTVG

Buscar

Investigan 20 persoas por fraude na extracción de 130 toneladas de bivalvos

Publicado o 28/01/2019 20:17

A Garda Civil investiga unhas vinte persoas relacionadas con agrupacións de mariscadores de Pontevedra por irregularidades no control e extracción de ameixa dos bancos marisqueiros. O Seprona estima que entre 2012 e 2017 vendéronse en lonxa algo máis de 130 toneladas de bivalvos extraídos dos bancos marisqueiros da confraría sen rexistro nos puntos de control. As investigacións, iniciadas no 2016, levaron a comprobar un desfasamento entre a cantidade de toneladas de ameixa e berberecho que se vendeu en lonxa e a que figura nos vales do mesmo período.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019