CRTVG

Buscar

Convocados 2.300 veciños de Carral a un cribado masivo ante o aumento de casos

Publicado o 04/04/2021 20:56

A semana pasada fixéronse cribados en catro concellos con incidencia acumulada alta: Baiona, Cambre, Sanxenxo e O Irixo. Dos 30.000 galegos citados acudiron algo máis do 60 %, e as probas permitiron detectar 19 positivos.

Este domingo púxose en marcha en Carral outro cribado masivo para 2.300 veciños de 18 a 60 anos. Organizouse por causa do aumento de contaxios. Nos últimos catorce días detectáronse 15 positivos, que de seguiren en aumento poderían implicar para este concello de 6.500 habitantes o paso ao nivel máximo de restricións.

"Son grupos de familia, e cando son grandes aumenta o número de casos. Pero estamos en nivel medio e con este cribado imos tratar de darlle unha solución", puntualiza o alcalde.

É a segunda convocatoria masiva en Carral, que respondeu ben cando se fixo o primeira.
Este cribado acaba o martes. Na Pobra do Caramiñal hai outro en marcha ata o mércores, con 6.700 convocados.

Ademais, na semana que entra, o Sergas ten previsto facer probas entre 20.000 persoas máis, ao tempo que seguen adiante as de saliva nas farmacias de Pontevedra e da Coruña e as de antíxenos, nos tres aeroportos galegos.

Noticias web

04/04/2021