CRTVG

Buscar

2.000 tudenses, chamados a un cribado masivo para frear a expansión do virus

Publicado o 08/12/2020 14:51

O festivo de hoxe en Tui é diferente. Non só polas restricións que impiden cruzar a fronteira cara a Portugal, senón tamén polo cribado que desenvolven desde primeira hora da mañá nas instalación do pavillón.

Unha sexta parte da poboación de Tui está chamada a participar neste cribado, co que pretenden mellorar a rastrexabilidade dos contactos.

Un instrumento, os cribados, que é un dos máis útiles para controlar a pandemia e que neste momento pode facerse máis porque ao baixar a curva baixan tamén as peticións de PCR desde Atención Primaria.

Desde a área de Vigo fan tamén un chamamento a fixarse ben na mensaxe da convocatoria.

Noticias web

08/12/2020