CRTVG

Buscar

Case 200.000 rapaces de infantil e primaria empezan o curso escolar

Publicado o 11/09/2019 10:12

 • É un 0,5% menos ca no curso anterior 

Comeza o curso escolar para 196.900 alumnos e alumnas de infantil e primaria e os docentes apuran os últimos detalles para teren todo preparado o primeiro día de clase.

As aulas convertéronse nun lugar de encontro para compañeiros e compañeiras que levan todo o verán sen verse.

No centro Lamas de Abade, de Compostela, ademais,  é unha data de estrea, porque o alumnado de infantill, uns 150 pequenos e pequenas, ten novas instalacións. 

"Estreamos edificio con moita ilusión para recibir os pequenos", explica Carmen María Alves, mestra de educación infantil. Son espazos novos e os nenos teñen que quedar con xente que non coñecen de nada, o desapego é importante, pero pouco a pouco dándolles confianza e seguridade vamos facilitando o labor".

Os veteranos, tanto ao pé do encerado como no pupitre, xa saben que o primeiro día de clase é para contar como foi o verán e que o traballo duro virá a partir dos seguintes días. Porque na escola non só hai novos alumnos e alumnas. 

O director do Lamas de Abade lembra que no colexio teñen que convivir alumnado, profesorado e pais, polo que "temos que sacar o mellor do alumnado e traballar en equipo, iso é fundamental".

196.900 nenas e nenos incorpóranse mañá ás aulas de infantil e primaria en Galicia, un 0,5% menos que no curso anterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019