CRTVG

Buscar

191 millóns para escolas e institutos máis dixitais, saudables e abertos

Publicado o 18/03/2021 14:51


As escolas que se constrúan en Galicia de agora en diante van mudar de aspecto. E as reformas, rehabilitacións ou ampliacións que fagan das que hai tamén van responder ao novo paradigma: máis inclusivas e acordes á transformación dixital por dentro e mellor construídas e adaptadas á contorna por fóra.

"Os espazos serán máis amplos e estarán mellor ventilados; os patios cubriranse, os materiais interiores terán un mesmo formato; cun uso polivalente fóra do horario escolar. Volvemos abrir os centros ás comunidades. Non ten sentido que onde mon hai polideportivos pechen as pistas do colexio e non se poida facer deporte", explicou Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

A "arquitectura pedagóxica" seguirá pautas homoxéneas; cunha imaxe corporativa propia, espazos amplos e saudables e esixencias de eficiencia enerxética e respecto medioambiental.

 

Noticias web

18/03/2021