CRTVG

Buscar

Bos días

19 persoas morreron ao ser atropelado un autobús de pasaxeiros por un tren

Publicado o 06/10/2017 09:47

Polo menos 19 persoas morreron ao ser atropelado un autobús de pasaxeiros por un tren, na provincia rusa de Vladimir, a 180 quilómetros ao leste de Moscova.

O autobús calouse xusto cando cruzaba por unha vía mentres a maioría dos pasaxeiros durmía. O condutor empezou a berrar e uns 30 pasaxeiros baixaron para tentar empuxar o vehículo. Nese momento o tren alcanzou o autobús, que quedou literalmente esnaquizado. Os pasaxeiros que descenderan do autobús sobreviviron e as vítimas están entre aqueles que permaneceron no seu interior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017