CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

19 persoas con discapacidade intelectual interpretaron tres obras de teatro en Vigo

Publicado o 12/06/2018 21:34



O Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual realiza a primeira parada en Vigo onde 19 persoas representan tres obras de teatro. Amosan as súas capacidades escénicas enriba do escenario. Levan dende o mes de setembro ensaiando e agardan que os nervios non os traizoen.


É o último ensaio e repasan o seu papel para que todo saia ben. Levan dende o mes de setembro preparando as tres obras de teatro que van representar. Hai nervios e moita ilusión.




Son 19 persoas con discapacidade intelectual que queren amosar as súas capicades escénicas. Representan unha versión da 'Ratiña presumida', exploran o formato do teatro de sombras con 'A que sabe a lúa' e rematan con coa obra 'O Salón'.



O festival continúa o día 14 na Coruña e sairán a escena os mebros do Centro Méndez Núñez.

Telexornal Serán

12/06/2018