CRTVG

Buscar

Galicia emprega as 1.800 doses de Moderna para vacinar sanitarios

Publicado o 19/01/2021 14:31

É a vacina Moderna. Só necesita unha hora para desconxelarse. Nun frigorífico convencional aguanta ata un mes. Como a de Pfizer, a vacina Moderna tamén se administra en dúas doses. O espazo de tempo entre elas é de 28 días. A Galicia chegaron 1.800 doses, estanllas poñendo aos sanitarios. Contraindicacións as mesmas: ter alerxia a algún compoñente da vacina.

Ilusionados e con ganas acudían os sanitarios á súa cita. A esperanza está posta nesta vacina e na de Pfizer, as dúas estanse empregando para inmunizar os maiores e os sanitarios en toda Galicia.

Noticias web

19/01/2021