CRTVG

Buscar

18 nenos ucraínos están de campamento en Romeán, en Lugo

Publicado o 02/08/2021 20:41

A piscina deste albergue de Romeán, en Lugo, está chea do xúbilo e da ledicia dos rapaces ucraínos.
Ramón foi quen fundou a ONG que os trouxo a Galicia.

Traballa con tres orfanatos do oeste ucraíno. Alba axudouno a conseguir os recursos necesarios para o avión, os pasaportes e as PCR.

Cada un axuda co que pode. Hai quen trae comida, ou quen cede viaxes ou actividades. Hoxe, por exemplo, están contactando con estes cans de Aracan. Agora o seu soño é conseguir que alguén lles ceda unha viaxe en autobús á costa para que os nenos pidan coñecer o mar.

Noticias web

02/08/2021