17 centros educativos presentan os seus proxectos no Día da Ciencia da Coruña
Publicado o 08/05/2021 14:34
O Día da Ciencia na Rúa, o clásico, quedou nun escueto Día da Ciencia. Foi unha renuncia mínima porque a esencia, as ganas de divulgar, de compartir coñecemento, permanecen intactas.
Estas rapazas do colexio Montespiño experimentaron coas disolucións e as cores.
Tras o pano, os últimos preparativos. Sobre o escenario, quince minutos para presentar cada proxecto, resultado do traballo conxunto de profesores e alumnos, que en moitas ocasións roubaron horas ao descanso ou ao lecer para compartir a ciencia. Os rapaces do instituto Rosalía Mera trouxeron un robot pintor.
Quixeron renderlle unha homenaxe ao falecido Javier Novelle, gran profesor e divulgador e un dos impulsores do Día da Ciencia na Rúa.