CRTVG

Buscar

17 voluntarios de varios países participan nas escavacións arqueolóxicas do castro de Socastro

Publicado o 06/08/2019 13:42

17 voluntarios de distintos países están a realizar actividades arqueolóxicas no castro de Socastro, no concello de Rois. Ata o vindeiro 13 de agosto, estes voluntarios de entre 18 e 30 anos realizarán tamén actividades culturais complementarias.

O máis pequeno ten 18 anos e o maior 27, e din que están encantados con este proxecto en que se involucraron. México, Italia, Francia e España son os lugares de orixe dos 17 voluntarios que aterraron no campo de traballo de Rois.

Dende o venres e ata o 13 de agosto, estes voluntarios coñecerán a cultura galega e realizarán tarefas relacionadas con procedementos arqueolóxicos, como técnicas de tratamento e rexistro dos restos encontrados no castro de Socastro.

Tras estas primeiras tomas de contacto, nos vindeiros días a súa actividade dividirase en traballo de campo e traballo de estudo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019