17 cans matan e devoran unha vaca e unha egua en Ponteareas
Unha vaca adulta e unha egua foron parcialmente devorados polos cans dun veciño do lugar de Nespereira, preto dun montes de Padróns. Os animais logo de seren atacados por 17 cans esfameados.
Iván González, gandeiro: "Fixemos un varrido e descubrimos 17 cans, entre a Garda Civil e a Policía Local de Ponteareas tentamos coller un dos animais e deuse identificado o propietario, que en ningún momento se fixo cargo de vir recoller o resto de animais nin de nada. Os animais votaron unha semana aquí deambulando e atacando o resto dos animais, e o propietario non se presentou para nada".
O propietario dos cans é un cazador furtivo, vello coñecido do Seprona, que xa tiña retirada a licenza de caza e o permiso de armas.
Olga Rodríguez Pereira, presidenta da comunidade de mMontes de Padróns: "Hainos que volven unha e outra vez, e este creo que é un deles. O domingo estaba aquí, trouxo tres animais no maleteiro, e escapou, porque o monete está vixiado".
Iván González, gandeiro: "É bastante coñecido tanto polos veciños como polas sociedades de caza. É un furtivo, vai pola noite cun 4x4 e solta aos cans. Cando dan conseguido unha presa non sei que fará coa carne. Dárllela aos cans fixo que non".
Os cans foron devoltos ao seu dono, que quedou libre á espera de xuízo.