CRTVG

Buscar

166 participantes na proba da Liga Galega de Motos en San Sadurniño

Publicado o 30/04/2019 18:26

 San Sadurniño acolleu a cuarta proba da Liga Galega de Moto Cafés Candelas con cento sesenta e seis participantes na liña de saída e cunhas condicións diferentes ás citas celebradas con anterioridade. O escenario mostrou as condicións de tempo tan adversas dos días anteriores e os pilotos tiveron que mostrar unha habilidade e unha destreza superiores.

Iso traduciuse en termos de clasificación en sorpresas e aparicións inesperadas. Con todo, os líderes da liga, como o valdeorres Jorge Paradelo ou Abel Carballés, mantiveron a súa posición de privilexio. En San Sadurniño gañou o ferrolán Román Pérez na categoría elite. A seguinte proba será o dous de xuño na Rúa. A quinta carreira da temporada na casa de Ramiro Folla.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019