16 positivos na selección española xuvenil de remo que está concentrada en Laias
Publicado o 03/07/2021 19:31
Coñecéronse este sábado os 16 positivos entre os membros da seleccion española xuvenil de remo. O equipo está concentrado no balneario ourensán de Laias, onde están preparando o Campionato do Mundo. Un dos deportistas tiña síntomas compatibles coa covid e deu positivo nun test de antíxenos.
Despois a todo o equipo realizáronlles probas PCR e, das 46 persoas que integran a concentración, 16 deron positivo. Os positivos están illados no balneario e en seguimento por parte do Sergas.
Os negativos están aloxados noutra zona do hotel. Ao persoal do balneario tamén lles fixeron as probas e todos deron negativo.