16 espectáculos competirán polos Premios de Teatro María Casares
Publicado o 26/02/2020 21:35
Dezaseis espectáculos competirán como finalistas o vindeiro 26 de marzo na gala dos Premios de Teatro María Casares que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
O espectáculo Liberto aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda e Fariña optan a cinco. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse tamén o premio ao mellor espectáculo.