CRTVG

Buscar

150 camións de transporte de carbón van en caravana cara á Coruña, en protesta polo paro da planta das Pontes

Publicado o 16/09/2019 10:22

Os camioneiros iniciaron a caravana ás oito da mañá, con saída das Pontes. Circulan pola estrada nacional, polo que se esperan grandes retencións nesta vía.

O dispositivo de tráfico establecido contempla o estacionamento dos vehículos pesados nunha área residencial nas proximidades da entrada á cidade herculina. En concreto, prevese que os camións queden aparcados no parque Ofimático e, desde alí, os camioneiros serán trasladados en autobuses cara á estrada do Porto, de onde partirá a marcha a pé cara á Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

No encontro que manterán co delegado do Goberno, Javier Losada, en que participará tamén o alcalde pontés, Valentín González, espérase que se concrete unha data para a próxima reunión que se comprometeu a manter o Ministerio de Transición Ecolóxica con Endesa e as partes afectadas por este parón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí