CRTVG

Buscar

150.000 persoas achegaranse ata a Festa da Arribada en Baiona

Publicado o 01/03/2019 16:27

Os doce canonazos anuncian o inicio da Festa da Arribada. Baiona viaxa, unha vez máis, a 1493, onde acaba de chegar a porto a carabela A Pinta, coa nova do descubrimento de América. A vila, durante tres días, recrea esa data histórica onde todos participan activamente.

Serán máis de 200 os postos que conforman o tradicional mercado medieval, ademais dos diferentes establecementos hostaleiros. A xente loce as súas mellores galas cos traxes medievais.

Serán máis de 150.000 as persoas que se acheguen a Baiona durante estes tres días, para ver a animación polas rúas e as diferentes actividades. A xente que queira pode ir en barco dende Vigo, Cangas e Panxón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019