CRTVG

Buscar

15 países europeos non empregan o estado de alarma para afrontar a pandemia

Publicado o 27/10/2020 14:28

Gran parte de Europa está a responder á epidemia buscando medidas alternativas ao estado de alarma. Hai 15 países europeos que están a dar resposta á crise sanitaria sen utilizar o estado de alarma.

Utilizan outros instrumentos xurídicos que non son os propios dunha situación excepcional. Destaca o caso de Alemaña. O seu Parlamento modificou a lei de protección contra infecións para afrontar a pandemia. En Bélxica aprobáronse dúas leis que houbo que completar con decretos. Tampouco hai estados de emerxencia en Austria, Suecia, Irlanda ou Noruega. Pola contra, están a recorrer ao estado de alarma Portugal, Francia, Italia e, desde o domingo, España.

Noticias web

27/10/2020