CRTVG

Buscar

15 Mostra de arte Naturgy, a última do MAC da Coruña

Publicado o 26/10/2018 18:02

A mostra Naturgy amosa 55 obras dos artistas seleccionados no certame bienal que convoca o MAC. Esta é a súa décimo quinta edición e nela están presentes as creacións de dezasete artistas galegos. Un acontecemento que podería ser o derradeiro, se o museo pecha as portas. Unha circustancia que mesmo os tres premiados quixeron denunciar.

Este ano gañador foi o vasco Jose Ramón Amondarain por esta obra Pintura de manos. Pintarás en mudo. Un mapa sentidor. Trátase de volumes feitos con pintura de óleo, un traballo que rompe coas fronteiras da propia pintura.

'Eu tamén navegar' esixía a Penelope de Xohana Torres. A artista catalá Bárbara Sánchez Barroso, gañadora do seu segundo premio co seu vídeo 'La Odisea', explora un borroso recordo infantíl na illa de Mallorca para narrar unha historia que evoca a viaxe de Ulises dende un punto de vista persoal.

Pintura como animación, memoria e vídeo únense na obra do terceiro premio. Outra artista catalá Lola Lasurt indagou nun partido de fútbol de mulleres casadas contra solteiras organizado en 1976 polo clube Federico García Lorca de Bruselas ao abeiro dunha festa do Partido Comunista.

A mostra Naturgy é unhas dos certames máis prestixiosos de España. Dende 1989 presentáronse preto de 9000 obras. Este ano recibiron 417 propostas, oitenta delas de artistas galegos. Nesta edición galega Sara Coleman gañou o premio Julian Trincado do Concello da Coruña pola súa obra Pulsión.

Unha mostra que xunto as bolsas, residencias, actividades pedagóxicas e social poden desaparecer se pecha o museo o vindeiro mes de decembro.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/10/2018