15 madrileñas que padecen ou sufriron cancro de mamá realizan o Camiño de Santiago
Publicado o 27/09/2019 14:33
É un grupo de 25 mulleres que completan estes días unha fase do camiño da súa vida, o proxecto encabezado por unha oncóloga médica dun hospital madrileño onde 15 delas trataron o seu cancro de mama.
Peregrinan xuntas, desde Sarria, con dez profesionais da medicina, a enfermería, a fisioterapia ou a psicoloxía. Cun obxectivo, superar un reto, cada unha o seu.
A recuperación emocional é, precisamente, unha das principais metas. Porque o cancro non só dana a saúde física.
Con esa forza entrarán mañá na praza do Obradoiro para completar este camiño e seguir coas súas vidas.