CRTVG

Buscar

15 contaxiados nun gromo nun bar en Lalín

Publicado o 03/09/2020 14:37

O bar está nunha rúa do centro da vila e xa leva pechado uns días. Polo momento son 15 os contaxiados. As autoridades sanitarias están rastrexando os contactos e multiplicando as probas PCR polo que é posible que o número de afectados aumente nas próximas horas.

Algunhas fontes indican unha certa relaxación das normas no local como causa dos contaxios. Agora, algúns casos cuxa orixe se descoñecía vincúlanse tamén con este gromo. Lalín rexistra xa máis de medio cento de contaxiados neste verán.

Noticias web

03/09/2020