CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

15 artesáns galegos aprenden a usar as plumas na moda da man do prestixioso deseñador Serkan Cura

Publicado o 02/09/2015 20:55







Seguro que se lles falamos dos anxos de Victoria Secret, voando se lles veñen á cabeza as vistosas plumas dos desfiles. Para eles e para distintos proxectos internacionais traballa o deseñador Serkan Cura. O belga está estes días en Santiago, aprendéndolles a 15 artesáns galegos, as mellores técnicas con plumas para a moda.

Imposibles de atopar son estas plumas. Materiais antigos para innovar con técnicas ancestrais.


"eu comecei a estudar as plumas e con moda e deseño dende os 12 anos. Despois aprendín de complementos de deseño, de técnicas ancestrais e sobre todo fun profresando coa práctica... Actualmente, só se poden empregar para a moda uns pouco tipos de plumas de ave, coma as das galiñas o as dos gansos... Hai que facelo todo legal. Hai leis que o protexen. As plumas se recollen nunhas épocas concretas. A natureza é fermosa e queremos conservala... Eu teño traballado con Victoria Secret e os seus anxos. Pero tamén uso plumas para a moblería, para a arquitectura... ", di o deseñador Serkan Cura.

O deseñador belga, de orixes francesas, que ten traballado tamén, por exemplo, con Jean Paul Gaultier, e na súa propia de casa de modas en París, gusta de volver a Galicia para seguir formando, estes días, 15 artesáns galegos.








Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí