CRTVG

Buscar

15 anos despois do atentado, quedan oito condenados en prisión

Publicado o 11/03/2019 15:09

Pasaban oito minutos das sete e media da mañá. As tres primeiras bombas estoupaban nun tren que facía a súa entrada en Atocha, a estación central de Madrid. Outras sete rebentaban convois nas estacións do Pozo e Santa Eugenia e fronte á rúa Téllez. Unha célula de Al Qaeda asasinaba 192 persoas. A última falecía en 2014, despois de pasar dez anos en coma. E 1.800 viaxeiros resultaban feridos.

A maioría dos autores materiais suicidáronse días despois nun piso de Leganés, nunha explosión que matou un policía. Non foi ata febreiro de 2007 cando comezou o xuízo. Dos 18 condenados, 10 están en liberdade. Oito permanecen dispersos en seis centros penitrenciarios, catro deles en Galicia. Sometidos na maioría a un réxime de illamento de case 20 horas, cumpren penas que chegarán ata 2044.

Noticias web

11/03/2019