CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

15 anos de cultura despois do Prestige

Publicado o 20/11/2017 17:12

O Prestige afundiuse o 19 de novembro de 2002, e a partir do día seguinte, do que fai exactamente 15 anos, comezou a súa lenda. Cunha enorme repercusión cultural, sobre todo por dúas vías: os movementos intelectuais e os da cidadanía.

Especialmente relevante foi o ámbito literario. A análise da catástrofe foi total, tanto desde a visión técnica e económica, coma desde a política, mesturada cunha narrativa mesmo de ficción. Beiras, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro, entre outros, publicaron obras moi significativas.

Tamén houbo traballos desde a banda deseñada. E mesmo se constituíu o chamado "colectivo chapapote", integrado por preto dun cento de autores galegos de cómic e ilustración, que mostraron unha visión moi crítica contra os responsables políticos daquela.

Concertos, exposicións de fotografía, pintura ... Desenvolvéronse daquela e continúan a facerse tempo despois. Mentres, no audiovisual destacan dous traballos: o documental "carcamáns", dirixido por Marcos Nine meses despois do naufraxio do barco. E a película "outro máis", dirixida por Ricardo Llovo, da TVG, ambientada nunha vila mariñeira tra-la marea negra, e protagonizada por María Vázquez.

O drama do Prestige" foi fonte de inspiración artística e, sobre todo, de denuncia e de solidariedade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

20/11/2017