CRTVG

Buscar

A primeira xornada de repesca para a vacinación de maiores de 20 anos congrega 15.000 persoas

Publicado o 03/09/2021 14:21

A curva desta quinta vaga, na que se contaxiaron 50.000 galegos, dobregouse en menos dun mes. E as consecuencias foron máis leves ca nas vagas anteriores grazas ás vacinas. O esforzo de inmunización continúa. Hoxe vacínase en Galicia 25.000 persoas, das que 15.000 acudiron á autocita para a súa primeira dose.

Oito meses de vacinación, o 75 por cento da poboación total de Galicia xa inmunizada, e segue a afluencia aos 14 centros de vacinación de Galicia, onde presenciamos a entrada constante de persoas que se queren vacinar.

"Hoxe seguimos coas repescas e temos un volume de 3.200 aproximadamente. Pero vaia, que a xente está vindo, as ringleiras son fluídas, non se forman aglomeracións, pero veñen de xeito continuo", explica María Xosé Parrado, enfermeira coordinadora da vacinación na Cidade da Cultura.

A impresión da coordinadora da vacinación da Cidade da Cultura é que a minoría que non se vacinou de primeiras foi porque non puido, e relaciónao tamén cos meses de verán e as vacacións. Nós atopamos tamén persoas que estaban traballando fóra, que estaban confinadas ou fóra de Galicia.

E tamén, persoas que pasaron a enfermidade e que poden vacinarse en canto reciben a alta. Outros 31.000 dos que pasaron a covid−19 están xa convocados para vacinarse mañá.

Noticias web

03/09/2021