CRTVG

Buscar

140 alfombristas de todo o mundo comparten experiencias en Bueu ata o domingo

Publicado o 26/07/2019 14:27

Cámara en man, estes alfombristas chegados de varios países de todo o mundo atenden as explicacións da delegación catalá sobre materiais e técnicas de elaboración desta arte efémera. Este é un dos talleres que se impartirán dende este venres e ata o domingo neste concello de Bueu, onde se dan cita 140 alfombristas chegados de toda Galicia, España e países como Alemaña, Portugal, A India, Italia ou Malta.

"A delegación de Malta explícanos que eles utilizan rosas e os seu pétalos para facer as súas alfombras con bordos feitos de escuma negra para que resalte máis". "Na India, e ante a escaseza de flores, utilizan area e marmorina de cores para facer a súa arte floral".

Precisamente, Bueu caracterízase por utilizar unha técnica que, amais das flores, engade materiais procedentes do mar. E non só iso, as técnicas de tinguidura que fan coas labras de madeira é outras das particularidades que estes días ensinarán ás diferentes delegacións.

Pero amais dos talleres, todos eles traballarán conxuntamente na elaboración do seu tapete floral que comporán unhas quince alfombras baixo o título 'O camiño das estrelas ao seu paso por Bueu'.

Todo isto poderemos velo esta mesma noite nesta praza de Massó. Toda unha experiencia visual en que comezarán a traballar esta noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019