CRTVG

Buscar

14 novos destinos nos aeroportos galegos a partir de maio

Publicado o 28/04/2021 15:23

Coa desescalada, moitos dos que levan meses pensando en viaxar ven o ceo aberto. E nunca mellor dito, porque a partir do mes que vén os aeroportos galegos comezarán a recuperar conexións e destinos. A partir de maio haberá catorce novos voos, e con vistas ao verán tamén se incrementarán os destinos, tanto nacionais coma internacionais.

A Lavacolla e Alvedro serán os aeroportos que teñan novas rutas en maio, catorce para Santiago e dúas para A Coruña. Peinador en Vigo tamén, pero están comprometidas para comezar a operar no verán. Entre os novos destinos destacan a volta de Londres, Milán ou Frankfurt. Tamén está previsto que baixen, e bastante, os prezos das pasaxes.