CRTVG

Buscar

18 mortos nun accidente de aviación na India

Publicado o 08/08/2020 09:37

Polo menos 18 persoas morreron nun accidente de aviación na India. O aparello chegaba de Dubai con 190 pasaxeiros a bordo, deles 10 eran menores. Durante a aterraxe, esvarou, saíu da pista e acabou partido en dous. Máis de cen feridos foron trasladados a centros hospitalarios. Polo menos 15 deles estarían feridos de gravidade. 

Noticias web

08/08/2020