CRTVG

Buscar

14 empresas agroalimentarias participan na Feira Internacional de Importación en Xangai

Publicado o 08/11/2018 15:38

Galicia exhibe estes días o potencial do seu sector agroalimentario na China. Acompañadas pola Xunta nunha misión comercial, 14 empresas participan na Feira Internacional de Importación de Xangai, canda outras 2.800 empresas de 130 países. Unha oportunidade única para amosar as calidades do sector agroalimentario e posicionar a Marca Galicia no mercado asiático.

 1.300 millóns de habitantes e potenciais consumidores converten A China nun mercado cobizado. E iso é que o busca a misión comercial, liderada polo conselleiro de Economía, que estes días viaxa ao xigante asiático. Un dos fitos logrados é que 14 empresas do sector agroalimentario participen na Feira Internacional de Importación en Xangai, canda outras 2.800 firmas de 130 países. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018