CRTVG

Buscar

14.000 espectadores gozaron de Culturgal esta fin de semana

Publicado o 01/12/2019 19:59

A feira da cultura galega, Culturgal, pechou este serán a súa décimo segunda edición en Pontevedra coa asistencia duns 14.000 espectadores.

Foron tres días de presentacións, estreas e encontros de todos os sectores creativos, desde a escrita e as artes escénicas, ata os videoxogos e as artes plásticas, cun cento de expositores e 130 actividades de ocio para todos os públicos. Non faltou a música, por suposto. Nesta edición puidemos escoitar os galegos Marful, reunidos para a ocasión sobre o escenario logo de seis anos. Tras este concerto, cada un dos membros do grupo continuará cos seus diferentes proxectos artísticos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019