CRTVG

Buscar

138 vacas competirán en Lalín no Concurso Autonómico da Raza Frisoa

Publicado o 08/09/2021 14:26

O Multiusos de Lalín será o escenario este ano do Concurso Autonómico da Raza Frisoa. O programa comezará na tarde do venres co concurso de xóvenes preparadores de gando "FEFRIGA 2021", onde rapazas e rapaces de ata 30 anos competirán por lucir os seus animais o mellor posible. O sábado terá lugar o concurso de xatas e xovencas, e o domingo será o día do concurso das vacas en lactación, todos eles xulgados pola belga Martine Lambot.

Noticias web

08/09/2021