CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

13 rapaces son os comisarios dunha exposición no Museo de Pontevedra

Publicado o 16/02/2018 21:20


'A beleza oculta' é o título da primeira exposición do Museo de Pontevedra que é comisariada por nenos. Son trece os escolares de primaria que analizaron e crearon unha propia a partir da colección permanente do Sexto Edificio. O que se pretende é achegar a arte ao público máis novo dun xeito activo.



Baixo o título 'A beleza oculta' amósanse 18 pezas escollidas polos 13 comisarios, nenos de 8 a 12 anos, procedentes dos fondos permanentes do Museo de Pontevedra. Dende o mes de outubro participaron neste programa educativo onde falaron de que tipo de exposición querían, que tipo de cadros, que cadros e mesmo que cor terían as paredes.




Reflexionando sobre o concepto da beleza chegaron ao tema que xira arredor da mostra. A beleza oculta en roupaxes, en invernos frios, na beleza que xorde nos pequenos detalles cotiáns que cada autor decide plasmar. Trátase de cadros de diversos estilos e épocas elixidos polos rapaces.



Entre as obras escollidas destacan 'Anciá sentada', do século XVII e atribuído a Antonio Puga, 'Amencer na serra', de Carlos de Haes ou 'O espanto', de Laxeiro. O que se pretende é achegar a arte aos máis cativos dun xeito activo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

16/02/2018