CRTVG

Buscar

Trece novos positivos entre os usuarios da residencia de maiores de Silleda

Publicado o 21/03/2021 21:06

• O gromo afecta 46 usuarios e cinco traballadores do centro

O falecido era un usuario deste centro. Fora trasladado ao CHUS porque tiña problemas cardíacos. Dera positivo nun cribado que se fixera nesta residencia hai uns días.

O Sergas informa de 16 novos positivos nesta residencia de maiores: 13 usuarios e tres traballadores. Con estes 16 novos casos, son 46 os maiores infectados e cinco dos 31 traballadores. Isto quere dicir que máis da metade da comunidade xeriátrica estaría contaxiada.

O 80 por cento dos residentes deron positivo, pero na dirección da residencia aseguran que o número real de casos activos é de 22: cinco traballadores e 17 usuarios. Antonte fixéronlles probas a todos os usuarios e, segundo os resultados obtidos, 29 negativizaron, é dicir, superaron a enfermidade. Todos están asintomáticos, segundo puidemos saber. Só un usuario que padecía problemas de corazón foi trasladado ao hospital.

Estes casos positivos coñecémolos o día 10 de marzo, durante un cribado ordinario semanal.