122.700 galegos vacinados con Janssen, pendentes da decisión sobre a dose de reforzo
Publicado o 26/10/2021 12:35

122.700 galegos vacinados coa Janssen están pendentes da decisión que se adopte sobre a dose de reforzo.
A Comisión de Saúde Pública estuda esta tarde a proposta realizada por expertos da ponencia de vacinas para volver vacinar os que recibiron a Janssen, a menos efectiva das catro autorizadas na Unión Europea.
Un reforzo que aconsellan facer cunha das dúas vacinas de ARN, Pfizer ou Moderna. En toda España, dous millóns de persoas recibiron a Janssen.