Mil douscentos militares do exército de terra rastrexan os contactos dos positivos
Primeiro foi a UME coa Operación Balmes a que axudou na desinfección e traslado de enfermos nas residencias de maiores. Agora o Exército de Terra tómalle o relevo coa Misión Baluarte, á que achega 1200 militares como rastrexadores da redes de contactos dos positivos en coronavirus en toda España.
Estamos na capitanía do exército de terra en Sevilla, sede da operación Baluarte. Ademais dun equipo de rastrexadores por quendas de oito horas, mañá e tarde, desde hai unha semana aquí coordinan as outras catroce unidades epidemiolóxicas de rastrexadores noutras comunidades autónomas, tamén a galega.
Fala o tenente coronel Paúl dun grupo de 1200 militares que localizan as redes de contactos de cada positivo en coronavirus. Ademáis de informalos de que é posible que sexan positivos en coronavirus asesoran aos cidadáns sobre como illarse, solicitar unha PCR, ou incluso como pedir a baixa laboral.