CRTVG

Buscar

12 provincias españolas están en alerta laranxa por altas temperaturas

Publicado o 22/07/2019 16:32

Coa que está caendo en todo o país, canto máis preto esteamos da auga, mellor. Auga para hidratarnos, para refrescarnos, rodearnos de auga... En definitiva, auga para o que sexa. Para levar mellor esta nova vaga de calor que non deixa territorio do país sen conquistar.

Corenta e unha provincias están hoxe en risco por altas temperaturas. Doce delas con alerta laranxa, o que significa risco importante. Nestas doce provincias, a temperatura rozará os corenta graos. Estamos no verán, si, tempo de calor, claro, pero os termómetros van marcar valores por riba dos habituais nesta época do ano.

O respiro poida que chegue no mesmo día. Na zona dos Pireneos, Cantábrico ou no centro é probable que a última hora aparezan treboadas. Como as de onte en Madrid, que deixaron algún que outro dano. A auga, que nunca chega a gusto de todos.

Noticias web

22/07/2019