11 días despois, segue sen haber noticias do mozo desaparecido en Viveiro
Publicado o 26/12/2019 12:20
Continúa a busca do mozo desaparecido en Viveiro hai xa 11 días. Alejandro Meitín San Isidro ten 34 anos e nada se sabe do seu paradoiro desde a noite do pasado 15 de decembro, cando asistiu a unha cea de empresa.
Non hai rastro del nin do seu coche, un Ford Fiesta de cor azul metalizada matrícula 0480 FVJ. Alejandro mide algo máis dun metro oitenta, é de complexión forte, moreno e leva un pendente en cada orella.