CRTVG

Buscar

109 contaxios nas residencias de maiores e 17 en centros de discapacitados

Publicado o 26/03/2020 13:46

O da residencia de maiores de Barreiro, en Vigo, xa é o maior brote que se rexistrou ata agora en Galicia, con 35 anciáns contaxiados. Polo momento pemanecen illados. Desde Política Social aseguran que, en caso de ser necesario, serían trasladados ao centro habilitado en Baños de Molgas.

A residencia de Porta do Camiño, en Santiago, xa recibiu os primeiros anciáns de xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña que deran positivo por coronavirus. Tamén no antigo colexio dos Milagres, en Baños de Molgas, seguen chegando os usuarios afectados doutras residencias do sur de Galicia. Noutros centros como na residencia Volta do Castro de Santiago a UME está a levar a cabo labores preventivas de desinfección. Ante calquera sospeita actívase o protocolo.

A residencia de maiores de Barreiro, en Vigo, é a que rexistra o maior foco de positivos de toda Galicia, con 35 anciáns contaxiados e 5 profesionais do centro. Polo momento non se realizou ningún traslado a Baños de Molgas, pero desde Política Social aseguran que se realizará se fose preciso. En total, na nosa comunidade son 88 os anciáns que deron positivo en COVID-19 nas residencias de maiores, e un total de 21 profesionais.