105 estudantes de bacharelato participan na XIII Olimpíada Galega de Bioloxía
Publicado o 12/01/2018 15:27
Un cento de estudantes de segundo curso de bacharelato participan hoxe na Olimpíada de Bioloxía. A experiencia pon a proba os seus coñecementos e serve tamén como primeiro contacto co ambiente universitario a unha idade en que están a piques de decidir o seu futuro.
O día comeza cun exame teórico. Case un cento de preguntas que repasan contidos de Bioloxía desde a ESO.
Na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo cítanse algúns dos mellores alumnos desta especialidade de 31 centros de toda Galicia, que aceptaron o reto de poñérense a proba.
Os tres mellores resultados desta XIII edición da Olimpíada Galega de Bioloxía poderán participar na fase estatal.