CRTVG

Buscar

100 anos do primeiro número da revista 'Nós', referente da cultura galega do século XX

Publicado o 30/10/2020 15:16

Impulsada por Vicente Risco, e baixo a dirección artística de Castelao, a revista Nós publicaba o seu primeiro número tal día coma hoxe de 1920.

Foi o propio Castelao, quen ese mesmo ano expoñía por primeira vez os debuxos do seu célebre álbum gráfico, quen lle puxo o nome á publicación. 

A revista foi o esforzo colectivo dunha xeracion de intelectuais galeguistas que contribuíron decisivamente á modernización da cultura galega.

Achegaron unha perspectiva científica ao estudo da realidade do país e conectáronse co pensamento europeo da época.

Nós publicou o seu último número pouco antes da sublevación franquista contra a República, en 1936.

As súas 134 cubertas poden verse ata o 17 de xaneiro na exposición Galicia de Nós a nós, a mostra máis completa sobre unha xeración que cambiou a cultura galega.

Noticias web

30/10/2020