CRTVG

Buscar

Dez autores e autoras á procura da súa primeira novela na Residencia Literaria do Gaiás

Publicado o 10/07/2021 14:59

Son dez autores e autoras que están a traballar na súa primeira novela.

"É unha novela sobre unha persoa millenial que se atopa en Santiago de Compostela ", explica a escritora Arancha Nogueira.

A novela da escritora María Gil "está vencellada ao mundo da arte, conta a relación dun personaxe excéntrico co ouriñeiro de Duchamp".

Comparten as obras que están a escribir nesta primeira edición da Residencia Literaria do Gaias, dirixida polo escritor Javier Peña. Falan das súas dúbidas e reciben consellos para conseguir a mellor versión posible do seu texto.

Segundo explica Javier Peña, escritor e director da Residencia Literaria do Gaiás, "non existía un espazo para que os escritores puxesen en común proxectos que están comezando ou que están na metade do proceso".

Segundo María Gil, "axuda moito ter unha perspectiva máis ampla e saír da túa propia novela". "Faltábame o desenvolvemento de tramas e de personaxes e estame servindo para coller todos eses conceptos", comenta o escritor Jesús Castro.

Serán dúas semanas de convivencia arredor da literatura. Todos agardan que os personaxes e as historias que imaxinan acaben cobrando vida na súa primeria novela.

Noticias web

10/07/2021