CRTVG

Buscar

10.000 persoas apoian a inclusión na carreira Enki

Publicado o 19/10/2019 21:41

Sortear unha alfombra de neumáticos, atravesar unha chuvia de fariña ou cruzar un mar de escuma. Son algúns dos retos da carreira Enki, unha proba solidaria e inclusiva que aposta polo deporte como ferramenta integradora. Dez mil persoas completaron o circuíto na Coruña.

Enki é a carreira máis divertida do ano. É apta para todo o mundo, sempre que esteamos dispostos a acabar os dous quilómetros e medio de percorrido envoltos nunha capa branca de fariña, auga e escuma.
Pero comecemos polo principio.

Dez mil persoas tomaron a saída na sexta edición de Enki. Enzoufarse forma parte do xogo. Disfrazarse e salvar os vinte obstáculos tamén. Cada persoa que fai posible a festa Enki apoia o valor do deporte como ferramenta de inclusión.

Todos os cartos recadados destinaranse a proxectos e entidades sociais que traballan pola incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019