CRTVG

Buscar

1.440 euros de multa para un veciño de Vimianzo por incumprir o confinamento

Publicado o 02/04/2020 14:18

Máis actos de irresponsabilidade que saen caros: 1.440 euros de multa é o que vai ter que pagar un veciño de Vimianzo por incumprir en ata oito ocasións as normas de confinamento.

A primeira vez que o viron, os axentes advertírono de que non podía saír da casa para ir tres ou catro veces ao día á gasolineira. Pero de pouco serviron os avisos, porque días despois foi interceptado por axentes da Garda Civil en Cee, Vimianzo e Fisterra, ata onde dixo que se desprazara para "dar unha volta".

O Xulgado de Instrución número dous de Corcubión impúxolle a condena por un delito de desobediencia grave a axentes da autoridade.

Noticias web

02/04/2020