CRTVG

Buscar

1.000 mozos citados este sábado para os cribados na área de Pontevedra

Publicado o 10/07/2021 14:19

Tres dos puntos PCR do hospital provincial están na fachada principal do hospital, que hoxe conta con máis afluencia que noutras xornadas. A Consellería de Sanidade citou mil persoas. As responsables dos puntos están afeitas a ver como case a metade deles non acode. Nin sequera agora que contar cunha PCR negativa recente nos abre ás portas a viaxes, eventos e locais de lecer nocturno.

Os que sí acoden, fano moi concienciados do importante que é ter a certeza de que non somos axentes contaxiadores do virus nas nosas familias e contactos. Sábeo ben Patricia Mesías quen tivo ao seu pai na UCI.

Daniel Fernández deu positivo, foi un dos mozos do Sánchez Cantón que foron a Mallorca, leva catro días desconfinado pero tamén quixo facer a proba hoxe.
No que atinxe á volta do ocio nocturo polo de agora a maior parte dos locais de Pontevedra aglutinados na asociación de hostaleiros opta por agardar a que a situación sanitaria estea máis normalizada.

Noticias web

10/07/2021