CRTVG

Buscar

0 35% dos adolescentes pasan 5 horas diarias conectadas a internet

Publicado o 08/02/2019 20:45

Un 20% dos rapaces entre 12 e 18 anos fan un uso problemático de Internet. Pero a partir dos 15 anos a situación complícase. A esta idade, un 35% dos adolescentes pasan máis de cinco horas diarias conectados á Rede.

Os mozos que están máis tempo conectados son máis vulnerables ao acoso. Son máis dependentes da opinión dos demais. E establecen relacións con descoñecidos máis facilmente. Segundo os expertos, non hai que prohibirlles Internet. Senón educalos para que saiban desenvolverse nesta nova forma de relacionarse.

O primeiro consello para os pais é limitar e vixiar o uso das redes. Os rapaces non deberían conectarse sós nin facelo de noite. E ademais, traballar a súa autoestima, ensinarlles a dicir que non, falar con eles dos temas que lles preocupan, das relacións. En definitiva, retomar a educación de toda a vida para que poidan enfrontarse ao futuro.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019