Teletubbies
Trátase dun programa da canle británica BBC, con contidos orientados aos bebés e aos cativos de idade preescolar, deseñado para axudar os máis cativos a coordinar observación, atención e comprensión.
É unha comedia de primeiros conceptos, números, cores, formas, que reúne por primeira vez rapaces de todo o mundo, falando nos seus idiomas orixinais. Os Teletubbies gozan vendo o seu reflexo no espello.
Luminosos, coloristas, xoguetóns e cariñosos, así son os Teletubbies.
